Novas
II Curso de Mecánica e Mantemento do Acordeón impartido por Jose Mari López
21/03/2011
Visto o éxito do primeiro curso, a Escola de Música BellónMaceiras organiza o II Curso de Mecánica e Mantemento do Acordeón impartido por Jose Mari López, unha segunda parte na que se farán as prácticas de taller. Será o sábado 2 de abril, co mesmo horario que o anterior, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Será unha continuación para os asistentes ó curso do pasado 5 de marzo, pero tamén poderán vir os interesados que non puideran vir ó primeiro. Eso sí, hai límite de prazas cun total de 20, así que inscribídevos o antes posible a través dos correos e teléfonos que aparecen no cartel, ou a través do facebook. Non quededes sen a vosa praza!
BellónMaceiras no programa Reporteiros da TVG
16/03/2011
Este sábado ás 20h teredes ocasión de ver unha entrevista a Dani Bellón e Diego Maceiras falando dos novos proxectos de BellónMaceiras no programa reporteiros da TVG. Quedades todos convidados a velo.
Curso de Mantemento e Mecánica do Acordeón
08/02/2011
O vindeiro sábado 5 de marzo, José Mari López de Musical Dumboa impartirá un curso de mecánica e mantemento do acordeón. Para todo aquel que esté interesado que se poña en contacto nos correos:
diego@bellonmaceiras.com ou
daniel@bellonmaceiras.com, teléfonos: 661331967 ou 661265383. Tamén por contacto en Facebook a Diego Maceiras ou Daniel Bellón. Apurade a apuntarvos, xa quedan poucas plazas!
BellónMaceiras Quinteto presenta Folk Fusión en Vigo.
18/01/2011
BellónMaceiras Dúo en Cosquín, Argentina con Juan Carlos Cambas e Dulce Pontes
10/01/2011
Hoxe mesmo vense de anunciar un novo bombazo. O vindeiro día 30 de xaneiro BellónMaceiras xunto con Juan Carlos Cambas e Dulce Pontes presentarán un espectáculo conxunto denomindado "El viaje" no festival de Cosquín en Córdoba, Arxentina, sendo sen dúbida o maior festival de folklore máis famoso de latinoamérica. Segue a xira internacional de BM2. Apertas a todos!!!