Novas
Entrevista na TVG
23/11/2022
Esta semana BellónMaceiras estivo no ZigZag da TVG falando da Edición especial 15 aniversario de Unión das Terras.
 
Ver entrevista aquí
"A Música das Buguinas" dispoñible nas plataformas dixitais
16/11/2022
A Música das Buguinas estréase nas plataformas dixitais, tanto en galego (narrado por Mamá Cabra) como en castelán (coa narración do autor, Pepablo Patinho e traducido por Miguel González Álvarez).
 
Estarán dispoñibles os contos completos, e tamén as 25 pistas soamente coa música para a xente que a queira escoitar en solitario.
 
Escóitao a partir do 18 de novembro aquí.
BellónMaceiras presenta "Unión das Terras" 15 aniversario
02/11/2022
Daniel Bellón e Diego Maceiras presentan unha edición especial do que foi o seu primeiro álbum “Unión das Terras”. Agora que se cumpren 15 anos do lanzamento deste disco, conmemoran esta data cunha reedición novedosa en formato pen drive na que inclúen 4 temas novos. Ademáis dos 13 cortes orixinais do álbum, introducen 3 en directo versionados por BellónMaceiras Quinteto (un deles en vídeo), así como unha pista inédita gravada a dúo por BellónMaceiras no ano 2006. “Unión das Terras” 15 aniversario será un produto exclusivo que contará con moi poucas unidades, dispoñible aquí ou de xeito presencial na Escola de Música BellónMaceiras.
BellónMaceiras compón a música de Ninja
16/10/2022
O dúo BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) compuxo a música da obra de teatro Ninja da compañía Teatro Ghazafelhos. Nesta obra pódese escoitar unha gaita e un acordeón facendo fusión de música galego-xaponesa.
BellónMaceiras participa nun anuncio publicitario
24/09/2022
Daniel Bellón e Diego Maceiras interpretan a música da coñecida canción do grupo ferrolano Los Limones para a campaña publicitaria do Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña na que conmemoran o Día Mundial do Farmacéutico.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info