Novas
Convocatoria de prazas para mestres na Escola de Música BellónMaceiras.
29/06/2011
Dende a Escola de Música BellónMaceiras convócanse prazas para mestres de diversos instrumentos e asignaturas para o curso escolar 2011/2012 que terá lugar entre os meses de setembro e xuño.
Na convocatoria poderán participar tódalas persoas maiores de idade que presenten o seu curriculum vitae.
Non é un requisito imprescindible poseé-lo título oficial da especialidade.
Un requisito necesario para poder optar á praza, é ser músico profesional en activo así como ter experiencia anterior coma docente.
Valorarase altamente a carreira como profesional da música así como discos ou premios obtidos nos distintos ámbitos da interpretación.
As prazas específicas serán para as seguintes materias:

Saxofón
Clarinete
Frauta Traveseira
Trompeta
Violín
Linguaxe Musical (especialidade de nenos)

O último día de recepción de currículums será o venres 22 de xullo. Interesad@s enviádeo a calquera dos seguintes correos:

escola@bellonmaceiras.com
daniel@bellonmaceiras.com
diego@bellonmaceiras.com
Concerto de fin de curso da Escola de Música BellónMaceiras
20/06/2011
O vindeiro sábado día 25 xuño ás 19h celébrase o fin de curso da escola de música BellónMaceiras na Casa da Cultura do concello de Fene. Haberá unha pequena mostra musical dunha hora de duración a cargo dos alumnos do centro. Quedades todos convidados e despois do concerto haberá uns pinchiños na escola. Vémonos!
Xira AIE de BellónMaceiras Quinteto
04/06/2011
BellónMaceiras Quinteto comeza este sábado unha serie de concertos que os levarán a actuar en diferentes puntos da Península Ibérica. O sábado 4 de xuño estarán a partir das 23:45 en "La oveja negra", Segovia. O martes 7 en "Tabernal Parral", Vitoria, ás 20:30. O xoves 9 en "La campana de los perdidos", Zaragoza, a partir das 22:00. E para rematar estarán o venres 10 de xuño en "La locura del Ángel", Tudela (Navarra). Vémonos nos concertos!
BellónMaceiras no programa Alalá da Televisión de Galicia.
16/05/2011
O próximo mércores 25 de maio sobre as 22:30, poderedes ver o programa Alalá da TVG adicado a BellónMaceiras, no que tanto Dani coma Diego contarannos os proxectos nos que traballan (Escola de Música, BM dúo, BM quinteto......), así como distintos aspectos do seu día a día personal e demáis curiosidades. Non vo-lo perdades!
Cinco concertos por España de BM5
02/05/2011
Moitas gracias ao magnífico público de Vilagarcía!!Seguimos en ruta ao comezos de xuño con 5 concertos polo centro e norte da península con BellonMaceiras Quinteto.GRACIÑAS!!!Podedes consultar as datas dos concertos e lugares na sección de concertos.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info