Novas
BellónMaceiras Quinteto: Novo vídeo.
03/04/2018
BellónMaceiras publica un novo vídeo co Quinteto na súa canle de YouTube. Neste vídeo do tema "Notas para Nico" de Diego Maceiras contan coa colaboración da Rafa Carracedo na trompeta.
Ver
vídeo
BellónMaceiras Trío Travel to Dhaka (Bangladesh): Novo vídeo en YouTube
15/03/2018
Hai unha semanas comentamos a viaxe de BellónMaceiras Trío a Bangladesh. Hoxe o grupo publica un vídeo da súa experiencia no país bengalí dun xeito máis cercano como a eles lles gusta amosar.
Subscríbete á canle de YouTube de BellónMaceiras e non te perdas ningún vídeo do grupo.
Ir a
YouTube.
BellónMaceiras Trío en Mallorca
05/03/2018
Este venres 9 de marzo, o trío BellónMaceiras representará a Galicia nun concerto en Palma de Mallorca dentro do programa da International Bagpipe Organisation que este ano celebra a Cuarta Conferencia Internacional de Cornamusas. Neste evento, ademais de BellónMaceiras Trío, participarán tamén bandas de Turquía, Italia e Mallorca.
Escola de Música BellónMaceiras: Combo Instrumental
23/02/2018
Este ano a Escola de Música BellónMaceiras comezou unha nova andaina na que participan os alumnos: o combo instrumental. Diferentes instrumentos e distintos estilos cun proxecto musical en común dirixido por tódolos profesores da escola.
Se che gustaría participar, pide máis información nos contactos habituais.
Novo vídeo en YouTube. "Anandaloke Mangalaloke"
16/02/2018
A música de BellónMaceiras está caracterizada pola fusión de diversos estilos de todo o mundo coa música tradicional tocada coa gaita e o acordeón. Cando viaxan a lugares novos, Daniel e Diego tentan tocar unha melodía propia do lugar que visitan. Na última viaxe de BellónMaceiras Trío a Bangladesh ofreceron un concerto no que tocaron este "Anandaloke Mangalaloke", tema de Rabindra Sangeet.
Podes ver o vídeo
aquí