Estes concertos están pensados para que as novas xeracións se acheguen á música tradicional e coñezan máis sobre a cultura musical galega.
En Fene estarán o mércores 9 de maio ás 18:00h na Casa da Cultura e en Betanzos o venres 11 de maio ás 19:30h na Aula de Cultura do Liceo.
Para estes concertos, Daniel e Diego contarán coa colaboración doutros profesores da súa Escola de Música; o guitarrista Juan Cabe (compoñente tamén de BellónMaceiras Trío e Quinteto) e o percusionista Ramón Dopico.
Neste enlace pódese ver unha mostra do que ofrecerán.