Novas
BellónMaceiras Quinteto no Festival do Río Belelle 
30/08/2014
O sábado 30 de agosto o Quinteto participa na VII edición do Festival do Río Belelle organizada pola asociación A Fervenza do Belelle no Roxal (Neda). Compartimos cartel cos grupos Muxarega, Batuki en Monte Alto, Cuchufellos e Tardepiache.
BellónMaceiras Dúo no Festival Intercéltico de Lorient
31/07/2014

Estamos a preparar os nosos concertos da semana que vén no Festival Intercéltico de Lorient. Esperámosvos o 6 de agosto ás 21:30 na igrexa de St Louis e o 7 de agosto ás 18:30 no Club K !!!
Máis información na web http://www.festival-interceltique.com/ 

IV festa de fin de curso da Escola BellónMaceiras
19/06/2014
O venres 20 de xuño a partir das 19:00 horas no CCRD de Perlío, os alumnos da Escola de Música BellónMaceiras ofrecerán o habitual concerto de fin de curso. Estades todos convidados a disfrutar desta festa onde tódolos estilos musicais se darán cita interpretados por máis de 120 alumnos con idades comprendidas entre os 2 e os 70 anos. Non o perdades! Aproveitamos para recordarvos que está aberta a matrícula para o vindeiro curso 2014-2015. Podedes ver toda a info e a folla de inscripción na web.
BellónMaceiras Dúo Concertos Didácticos
24/05/2014
Como sempre un pracer tocar e falarlles da música tradicional ós máis pequenos. 
Xa temos data para o primeiros dos concertos de BM2 en Lorient
16/05/2014
O 6 de agosto será a primeira parada de BM2 en Lorient. Tocaremos no concerto de música sacra en St. Louis no que xa participamos anos atrás e sen dúbida é unha cita moi especial para calquera músico.
http://www.festival-interceltique.com/programmation/artistes.cfm/bellónmaceiras.html 
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info