Novas
Xa temos gañadora do concurso de debuxo da Escola de Música BellónMaceiras
20/12/2014
Felicidades a Noa López por ser a gañadora do concurso de debuxo de nadal da escola de música BellónMaceiras, e felicidades tamén a tódolos participantes polo traballo. Como cada ano, a escola pecha as súas portas por estas datas e queremos aproveitar para desexarvos a todos un bo nadal cheo de felicidade e boa música.
BellónMaceiras Dúo en As Pontes
01/12/2014
O venres 5 de decembro o dúo ofrece un concerto didáctico para nenos de 3º, 4º e 5º de primaria ás 12:00. Pola tarde master class de gaita e acordeón para todos os niveis. Ás 21:00 concerto do dúo no auditorio Cine Alovi.
Novo vídeo BellónMaceiras no Festival de Lorient
17/11/2014
Aquí vos deixamos o enlace do vídeo subido na nosa canle de YouTube do noso paso polos concertos de música sacra na igrexa de Saint Louis dentro do FIL 2014. Daniel Bellón e Diego Maceiras interpretan a peza tradicional Danza das Cacharelas.

http://youtu.be/JKjekjWuLUs?list=UU0mjg4GDIoZJvBg_iC-Od9w
 
Novo vídeo BellónMaceiras Quinteto & María López
29/09/2014
Xa podedes disfrutar dun adianto da gravación do concerto do Quinteto no Festival de Ortigueira que se verá no mes de outubro na canle Tolemias de R, gravado por Casa de Tolos. Neste vídeo podedes ver ao Quinteto interpretando "Muiñeira de Pontesampaio" coa colaboración da zanfonista de 9 anos María López.

http://youtu.be/GntHgnW5Xro
 
BellónMaceiras Dúo no Festival 2 Mares de Valencia
05/09/2014
O domingo 14 de setembro BellónMaceiras Dúo estará en Valencia cun concerto no Festival 2 Mares organizado polo Centro Galego de Valencia. Ademáis Daniel Bellón e Diego Maceiras ofrecerán dous cursos de gaita e acordeón.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info