O dúo BellónMaceiras participou no evento "Espagna á Palermo" convidado por Turismo de España co apoio de Turismo de Galicia. Daniel Bellón e Diego Maceiras desprazáronse a Palermo do 18 ó 22 de maio para ofrecer varios concertos no evento situado na Piazza Verdi, fronte ó Teatro Massimo, símbolo e centro neurálxico da cidade. O dúo participou tamén na presentación do programa de actos ós medios de comunicación, realizado no Instituto Cervantes da cidade.
BellónMaceiras Trío no Piping Live 2015.
Muiñeira da Dorna (Daniel Bellón).
29/04/2016
O primeiro episodio do programa da BBC Alba (TV galesa) sobre o Piping Live 2015 en Glasgow, dedica unha parte a BellónMaceiras Trío. Daniel Bellón, Diego Maceiras e Juan Cabe presentan a peza "Muiñeira da Dorna" do albúm Ten, composta por Daniel Bellón. Na entrevista Daniel Bellón fala da conexión entre Galicia e Escocia.