Novas
BM5 comeza a gravación do seu novo disco en A Coruña
28/12/2009
BellónMaceiras Quinteto comezou hoxe a gravación do seu vindeiro traballo discográfico no Estudio Amil de A Coruña. Mandávosmos saúdos e unha instantánea dende a mesma sala de gravación así coma un novo surtido de fotos na sección multimedia.
BM2 na presentación da aula de música "Daniel Bellón"
23/12/2009
Onte tivo lugar un acto moi especial no Instituto de Educación Secuandaria do Concello de Fene onde se produxo o bautizado da Aula de Música como
"Aula de Música Daniel Bellón". Dani e Diego fixeron un pequeno concerto para os alumnos do centro. Tamén estaban para o levantamento da praca o alcaldede Fene Iván Puentes, o ex-alcalde Xose María Rivera e a dirección do propio centro escolar. A todos eles moitísimas gracias por esta homenaxe!
BellonMaceiras no Facebook
02/12/2009
BellónMaceiras tamén quere estar cos tempos que corren e polo tanto tamén forman parte da rede virtual facebok. Se queredes estar ó tanto das súas novidades, vídeos, audios e fotos, ademáis desta web o podedes facer no facebook simplemente buscando BellónMaceiras (Dúo-Quinteto).Saúdos a todos
BM5 en AchegArte (Palexco, A Coruña) - Domingo 29 - 17:00h
25/11/2009
Este domingo 29 ás 17:00 poderedes ver a BellónMaceiras Quinteto no escenario da feira AchegArte, situada no Palexco da Coruña. Por outra banda na sección de vídeo (Multimedia) tedes un adianto dun tema que formará parte do novo disco no que está xa a traballar BM5. O encontraredes co nome de 28. Disfrutádeo.
BM5 en Bélxica: "Celtic Connections Evening"
02/10/2009
A vindeira semana BM5 sae cara Bruselas para participar nunha velada Celta xunto cos grupos Taran (Wales) e Breabach (Scotland).O concerto será o mércores a partir das 19h no Centre La Tentation (28, rue de Laeken
B-1000 Bruxelles). A entrada será libre.