Novas
Entrevista BellónMaceiras e disco en Spotify
27/08/2010
Xa está colgado na rede o vídeo da entrevista a BellónMaceiras contando cousiñas acerca do disco Folk Fusión. Podédelo encontrar no YouTube tecleando "bellon maceiras entrevista" no buscador, tendes dúas versións: en galego e castelán. Tamén poderedes atopalo nesta mesma páxina na sección Multimedia Vídeos.

Por outra banda, xa está subido o disco "Folk Fusión" no Spotify, sen dúbida un dos programas máis usados para escoitar música na rede. Poñendo "BellonMaceiras" no buscador do Spotify teredes acceso á escoita íntegra do disco de modo gratuíto, ca posibilidade de compralo para telo en propiedade.

Esperemos que desfrutedes con ámbalas novidades!
Novo concerto de BellónMaceiras Quinteto
20/08/2010
Este venres 20 de agosto BellónMaceiras Quinteto abrirá o festival "Esmorga Folk" de Bandeira (Silleda-Pontevedra). Será a partir das 22:00 h. e no que logo de BM5 poderedes ver os concertos de Quempallou, Tiruleque e Fracasados de antemano. Vémonos alí!
Semana de actuacións de BellónMaceiras Quinteto
31/07/2010
Espera unha semana cargadiña de concertos para BellónMaceiras Quinteto. Para empezar, este domingo estarán a partir das 20:00h na Romaría de O Corgo (Lugo), onde tamén actuará Fía na Roca. O xoves día 5, desplázanse ata Cervo onde ás 22:30 tocarán no festival Arroutada. O sábado 7, abrirán a XXXI edición do Pardiñas en Guitiriz, será ás 22:00h. Tamén estarán Al Jawala, Canteca de Macao e Galegoz. E para rematar esta semana, o domingo 8 poderedes velos en Rois no "Sons Mamede", irán de segundos nun festival que empezará Chorima de Rois, e onde despois de BM5 poderedes ver a Miki Nervio & The Bluesmakers e a Banda da Balbina. Non tedes excusa para quedar na casa, estades todos convidados a tódolos concertos, a entrada ós mesmos será de balde. Vémonos!
BellónMaceiras no novo disco do Bagad Kemper. Live in Cornouaille 2009.
26/07/2010
Proposto en forma de "carta branca" ao Festival de Cornouaille 2009, baixo a direción de Jean-Louis Hénaff, este «Best Of» é o espectáculo dunha noite de xullo 2009, celebrando os 60 anos do Bagad Kemper e repasando a aventura musical dos últimos dez anos.
Fiel ao espíritu dos seus fundadores, o Bagad KEMPER esmerouse en transmitir a súa paixón pola música e a cultura bretona. Pero cal sería o futuro dunha cultura se quedase pechada, se non se enriquecera da diversidade das outras?

Esta vontade de apertura cultural e de innovación é a que caracteriza ao Bagad Kemper neste CD cheo de cores musicais.

O Bagad KEMPER e os seus convidados repasan aquí grandes momentos destes últimos dez anos de creacións musicais e de encontros artísticos nun único concerto con músicos da talla de Dan Ar Braz (guitarra) ou Bernard Le Dréau (saxo), entre outros máis.

Dani Bellón (coa súa gaita) e Diego Maceiras (co seu acordeón) tamén foron convidados para esta celebración e puxeron a súa pegada musical "BellónMaceiras" a este disco tan emotivo.



Este cd xa se pode mercar na web de Keltia Musique e esperemos, proximamente por aquí:
http://www.keltiamusique.com/index.php/live-au-cornouaille.html
BellónMaceiras Quinteto en Santiago de Compostela o día do apóstolo
24/07/2010
BellónMaceiras Quinteto actuará mañá día 25 en Compostela, no Festigal, con O'Questrada e Susana Seivane ás 22h. A entrada é libre, será na explanada principal do Campus Sur.
Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info