Novas
BellónMaceiras colabora no novo disco da orquestra de músicos solidarios de Voces para la Paz.
16/01/2012
Xa está dispoñible o cd benéfico de Voces para la Paz, coa orquestra sinfónica de músicos solidarios onde participa nun tema BellónMaceiras. Neste link podedes escoitar parte do mesmo.O cd está gravado en directo no Auditorio Nacional en Madrid o 12 de xuño de 2011.Noraboa ós organizadores por esta gran mostra de solidaridade!!!
http://www.vocesparalapaz.com/mp3%20tienda/2011_16.html
Novo vídeo de BM2 dun directo para despedir o ano
29/12/2011
Para despedir este ano 2011 acabamos de subir á nosa canle oficial de youtube un vídeo de BM2 en Vilagarcía de Arousa interpretando "Os teus Ollos" do mestre Castro Chané. Feliz aninovo a todos!!!
http://youtu.be/kIXG2m4JnfY
FELICES FESTAS!
20/12/2011
A Escola BellónMaceiras deséxavos un bo nadal e que o 2012 chegue cargado de felicidade e boa música. Felices festas!
BellónMaceiras en TVE
07/12/2011
A día 1 de decembro de 2011 BellónMaceiras nos presentan os seus novos proxectos coma grupo, así como o novo cde panxoliñas gravado en directo en Rusia. Tamén entraremos na súa escola de música e coñeceremos a unha alumna moi especial chegada dende París para aprender a tocar a gaita durante un mes con Dani. (Fonte: TVE)
http://youtu.be/QIJLb75Tybg
Concurso infantil de debuxo para alumnos menores de 12 anos da Escola BellónMaceiras
05/12/2011
Chegou o nadal á Escola BellónMaceiras. Aproveitamos para anunciar un concurso infantil de debuxo navideño musical. Poderá participar calquera alumno da Escola BellónMaceiras que teña menos de 12 anos. O gañador recibirá un libro-cd de Mamá Cabra de panxoliñas chamado "Xa me tardan estes magos". Os participantes teredes un pequeno agasallo seguro. O debuxo deberá ser entregado antes do día 16 de decembro na oficina da Escola. O premio será escollido por tódolos mestres da Escola. Animádevos!