BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) presenta o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar. A partir do texto de
Pepablo Patinho, BellónMaceiras constrúe a banda sonora de “A Música das buguinas” cunha selección de temas populares e composicións propias. O conto está ilustrado por
Leandro Lamas e narrado por
Gloria Mosquera de
Mamá Cabra. Está dispoñoble á venda nesta páxina web e na Escola de Música BellónMaceiras en Fene.
O mundo de Roque, o neno que escoitaba os sons do mundo a través da súa buguina, pretende achegar a música tradicional galega ó público infantil e facer que os adultos a redescubran. Unha música cunha coidada selección entre os xéneros máis coñecidos e queridos da nosa tradición: muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras ou regueifas.
Ir a
tenda