Escola

O 15 de setembro de 2010 bota a andar a Escola de Música BellónMaceiras na localidade de Fene. Daniel Bellón e Diego Maceiras deciden abrir esta escola de música coa finalidade de que tanto nenos coma adultos aprendan a tocar o instrumento que desexen pero tendo como principal obxectivo o amor pola música.

Un requisito imprescindible para ser mestre da escola é ser músico profesional en activo, xa que ao xeito de ver dos seus fundadores, non é o mesmo ser soamente mestre de música que ser un músico profesional que tamén é mestre. A música é un xeito de vida, tanto si é unha afición coma unha profesión, por iso, os mestres teñen que ser xente en activo e actualizada no mundiño musical en constante evolución que vivimos e así, ser quenes de aconsellar ó alumno dende o pimeiro ata o último día para que vexa a parte máis real da música, que non é outra que os coñecementos adquiridos e sobre todo poñelos en práctica disfrutando e facendo disfrutar tanto ó público como a un mesmo ou á familia na súa propia casa. Con esa intención de que os alumnos perciban o agarimo dos músicos e mestres, a escola rodéase dos músicos do quinteto ademáis de máis mestres de reputado prestixio.

As modalidades de clases son tanto individuais coma colectivas en grupos reducidos feitos por idade e por nivel. Como novidade a escola ofrece desde o 2014 tamén clases a distancia por videoconferencia que tiveron gran aceptación.

Hai que destacar que no terceiro mes de existencia a escola xa contaba con 100 alumnos de toda Galicia e mesmo de Portugal. É aquí o nacemento dunha escola (pioneira tamén en ser o primeiro grupo folk do panorama galego que decide montar baixo o seu mesmo nome a súa propia escola de música) que se compromete a estar cos tempos á vez que coa tradición, poñendo por diante o amor e o respeto pola música.

A continuación poderedes ver os instrumentos e asignaturas das que dispón a Escola de Música BellónMaceiras: gaita, banda de gaitas, acordeón, guitarra, batería, piano, música infantil, solfexo, solfexo nenos, baixo, percusión tradicional, frauta traveseira, saxofón, trombón, canto e combo instrumental.

Escola de Música BellónMaceiras
Rúa Antonia Montero, 11 baixo.
Fene, A Coruña, España
C.P: 15528


Descarga o formulario en pdf , cúbreo, imprímeo, asínao e mándanolo escaneado a escola@bellonmaceiras.com

Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.OK+ info